As primeiras experiencias

A nosa compañeira Cuca foi das primeiras en experimentar con Xandre. O seu fillo Alberto devecía por coñecer ao noso protagonista e o encontro foi espectacular. Graciñas Cuca por compartir con todos nós esta experiencia. No seu caderno dixital (pensandoenimaxes.blogspot.com) tedes información máis detallada. Primeiro vídeo: Pé de media (e descrición alternativa): Primeira parte (dun total de dúas) do vídeo caseiro de Alberto (un neno con autismo, fillo de Cuca),

Ler máis

Como se fixo Xandre

É que non podía faltar Como poderíamos presentar a Xandre sen explicar un pouquiño cales son os seus bimbios, os alicerces cos que estivo feito e mimado durante case un ano de construción? A cousa daría para falar moito, moitísimo. Pero fixemos unha pequena escolma de imaxes na que se pode intuír como foi a historia. Ademais as parteiras sempre teñen algunha bágoa que botar cando miramos estas cousas e

Ler máis

Xandre, o elefante sen sombra

E aquí temos o conto Xandre o elefante sen sombra. Non é nada definitivo xa que sempre lle imos atopar correccións e melloras. Pero aquí o tedes. Para acceder a el pódese facer de diversos xeitos. Vexámolos: Opción A Traballar co conto aquí mesmo. Non tedes máis que facer clic co rato sobre os botóns e comezar a traballar. [De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o

Ler máis