Presentación de Xandre
Contexto. As IV Xornadas TADEGa
Como xa moitos sabedes, os vindeiros días 26 e 27 de febreiro deste ano 2010, celébranse no Pazo da Cultura de Pontevedra, as IV Xornadas TADEGa co título Competencia Dixital na Atención á Diversidade
.
É intención desta asociación separar claramente as xornadas dos congresos TADEGa, no que a contidos se refire. Por unha banda as xornadas TADEGa terán sempre o distintivo de ter un compoñente claramente experiencial e práctico compartindo realidades para as aulas netamente galegas ou con implicación educativa directa galega. E pola outra banda teremos os congresos cunha compoñente máis investigadora e formativa e ampliando o círculo a todo o mundo iberoamericano.
Presentación oficial de Xandre
Así pois nada mellor que presentar ao noso Xandre nestas IV Xornadas, unha experiencia de aula netamente galega dun conto adaptado e accesible. Alí nos teredes a todos e todas desexando falarvos desta experiencia 100% galega e con futuro.
Nota: non llo digades a ninguén que é unha sorpresa; parece que os da organización tolearon de vez e teñen un agasallo moi especial a cada asistente, o noso Xandre nunha pulseiriña como a que figura no conto.
Bulide, bulide… que xa poucas prazas quedan e a partires de mañán día 16 as cotas de inscrición increméntanse 20 euros.
Enlaces de interese
- Enlace ao tríptico das xornadas: programa (En formato PDF) Actualizado o mércores 10 de febreiro.
- Enlace ao formulario para inscribirse: inscrición.
- Relación de hoteis en Pontevedra (actualizado 11/2/2010) (En formato PDF).
- Formularios adicionais (para o profesorado de ensino non universitario) nos que se poden pedir axudas económicas e permisos de asistencia (En formato PDF).
- Enlace de Google coa ubicación do Pazo da Cultura de Pontevedra.
- Máis información na nosa web.