Xogando con Xandre na PDI
A compañeira Rosa Martínez do CEIP Santo Paio de Abaixo de Redondela nos envía esta experiencia:
O outro día contamos un conto moi especial, o conto chamábase:
Xandre, o elefante sen sombra.É un conto especial porque é un conto para todos os nenos e nenas: altos, baixos, grandes, pequenos, con problemas visuais,… e que se pode ler de moitos xeitos, coa lingua de signos, cos pictogramas, con letras, etc.
Ademais, xunto co profe Miguel, fixémoslle a Xandre a súa canción e agora non paramos de cantala nin un so segundo, a que si, Lucas?
Pero hoxe fixemos algo máis, subimos á aula de informática e colocámonos diante da PDI, unha pantalla moi especial na que podemos pintar e facer moitísimas cousas con tan so mover un dedo. Xancre, como sabía que estabamos viaxando pola China regalounos uns xogos de sombras, como as sombras do seu conto. E foi moi divertido… xogar así!
E aquí o vídeo coa reportaxe:
Moi ben Exploradores !!!!
Mirade que ben. E despois a profe Rosa di que non moito controla de tics.
Moitísimas grazas, pero o mérito é dos exploradores, que están “toliños” co conto de Xandre. Grazas a vos por publicar no voso blogue a nosa pequena aportación