Xandre e unha resposta para Iago
A historia
Fai tempo dabamos noticias dende a bitácora de TADEGa de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos
. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto.
No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra
e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación.
Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el.
Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. Oxalá lle guste.
Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer.
O video orixinal de Iago
Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo de Iago elaborado pola súa mai no que Iago nos amosa, con moitísimo esforzo, unha mensaxe que nos conta con xestos e pictogramas que, pasado a palabras di: Hola, yo quiero que tú, me esuches, me veas, me hables y me ames.
A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña
Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña, en resposta a Iago polo seu vídeo. Nel podemos ver e escoitar o proceso que se seguiu así como a parte principal na que o alumnado deste 2º curso de primaria respota a Iago con audio, subtítulos, pictogramas e xestos.
Enlaces de interese
- A nosa nova sobre o premio de Iago:
tadega.net/Bitacora/?p=1250 - A páxina do concurso de curtos:
www.yotambientengoderechos.com/… - O caderno dixital de Mamiago:
HablaPorMiDiceIago.blogspot.com - Sitio de Internet do CEIP Sal Lence:
centros.edu.xunta.es/ceipsallence
impresionante!!! Graciñas e bicos os nenos de parte de Iago.
Graciñas a ti Inés.