Os engadidos
O conto de Xandre non ven só. Tedes montóns de complementos que vos poden axudar a desenvolver moitas actividades e experiencias na aula ou na casa, e aínda que aquí volos explicamos, cando queirades acceder a eles, tedes o enlace no menú superior deste caderno dixital na parte que pon recursos
. Aló imos:
Audio
Recursos en formato audio que poden axudar a traballar o conto de Xandre.
Podcast do conto en español – audiolibro
Enlace á descarga do audio en español (en formato MP3).
Podcast do conto en galego – audiolibro
Enlace á descarga do audio en galego (en formato MP3).
Textos
Recursos en formato preparado para imprimir que poden axudar a traballar o conto de Xandre.
Colorear a Xandre
Temos aquí unha serie de debuxos pasados a un sistema de impresión en formato PDF para que se podan colorear.
- Actividade 1 de colorear (En formato PDF para imprimir).
- Actividade 2 de colorear (En formato PDF para imprimir).
Glosario de termos para ANEAE
No conto de Xandre inclúese un glosario de termos que aparece cando clicamos co rato sobre o símbolo da interrogación. Para quen precise este documento en papel, aquí volos deixamos en formato PDF para que o usedes a esgalla.
- O Glosario en galego.
- O Glosario en español.
Texto do conto de Xandre en Braille.
Texto en formato PDF escrito en Braille e castelán para o seu uso nas aulas (pódese imprimir con tinta normal para o traballo con alumnado sen deficiencias visuais ou con tinta en relevo como forno fúser, etc. para persoas cegas).
- O texto do conto en braille galego.
- O texto do conto en braille castelan.