Entradas etiquetadas con orixe

Como se fixo Xandre

0

É que non podía faltar

Como poderíamos presentar a Xandre sen explicar un pouquiño cales son os seus bimbios, os alicerces cos que estivo feito e mimado durante case un ano de construción?

A cousa daría para falar moito, moitísimo. Pero fixemos unha pequena escolma de imaxes na que se pode intuír como foi a historia. Ademais as parteiras sempre teñen algunha bágoa que botar cando miramos estas cousas e nos dan ánimos para proseguir o camiño.

E aquí tedes a reportaxe sobre como se fixo Xandre

Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo sobre como se fixo Xandre feito cunha presentación de fotos dos distintos momentos. Ao longo da metraxe pódense ler letreiros que suman o seguinte texto: Como se fixo Xandre o elefante sen sombra. Con… moita ilusión, moito agarimo, moito traballo, e… altas doses de pracer estético. Non sería posible sen a colaboración de… Andrés Caamaño, Frank Eijo, Paco Díaz, Rafa Sánchez Agustino, Valentín Torrado, Xavi Seco, Ana, Antón, Luis, Manuel, Mariña, Mauro, Rosa, (e o grupo de Contos). Graciñas, TADEGa.net

Xandre, o elefante sen sombra

7

E aquí temos o conto Xandre o elefante sen sombra. Non é nada definitivo xa que sempre lle imos atopar correccións e melloras. Pero aquí o tedes. Para acceder a el pódese facer de diversos xeitos. Vexámolos:

Opción A

Traballar co conto aquí mesmo. Non tedes máis que facer clic co rato sobre os botóns e comezar a traballar.

[De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o teu navegador non soporta marcos ou que neste momento está configurado para non visualizalos. Como alternativa, podes acceder ao contido no seguinte enlace: www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html]

Pé de media (e descrición alternativa): O noso amigo Xandre feito un soño. Acceso ao conto multimedia e interactivo.

Opción B

Traballar co conto aquí mesmo pero a pantalla completa. Se no canto de velo así en pequeniño o preferides ter en pantalla completa, podedes facelo no seguinte enlace:

  • O conto estándar: www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html
  • O conto directo en versión pictos e audio, pero cos audios en acción nada máis entrar en cada páxina: www.contosdexandre.net/sen_sombra/conto2.html
  • O conto directo en versión pictos e audio, pero cos audios en acción nada máis entrar en cada páxina: www.contosdexandre.net/sen_sombra/cuento2.html

Opción C

Traballar co conto engadíndoo aos vosos sitios web. Se queredes engadilo nos vosos blogs, webs, etc… iste é o codigo que tedes que pegar:

<iframe src="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html" title="Actividade multimedia interactiva e conto: Xandre, o elefante sen sombra" frameborder="0" height="400" width="600" scrolling="no">[De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o teu navegador non soporta marcos ou que neste momento está configurado para non visualizalos. Como alternativa, podes acceder ao contido no seguinte enlace: <a href="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html" title="Enlace ao conto principal de Xandre." xml:lang="gl" lang="gl">www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html</a>]</iframe>

Ben. Esa é unha opción pero non a única. E vos contamos isto porque hai un pequeno problema de accesibilidade con este código así implementado, xa que propón uns tamaños de letra fixos e non proporcionais e ademais abre unha ventana dentro doutra ventana (o que no argot técnico chámase frame) que tamén ten os seus problemas de accesibilidade. No canto disto podedes usar estoutro bastante máis accesible:

<div><object type="application/x-shockwave-flash" data="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/lim.swf?libro=menu.lim" width="580" height="400"><param name="movie" value="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/lim.swf?libro=menu.lim" /><param name="FlashVars" value="playerMode=embedded" />[De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o teu navegador non soporta marcos ou que neste momento está configurado para non visualizalos. Como alternativa, podes acceder ao contido no seguinte enlace: <a href="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html" title="Enlace ao conto principal de Xandre." xml:lang="gl" lang="gl">www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html</a>]</object></div>

E vos preguntaredes, ¿se estoutro código é mellor porqué non ir directamente e dar tanta volta? Pois porque, (e aínda estamos en fase de probas) parece ser que non todos os navegadores de Internet aceptarían esta implementación de código e habería que ir a outra nalgúns casos. Xa vos informaremos e simplificaremos o panorama.

Opción D

Ter o conto nunha pulseira USB As avantaxes son evidentes: non precisamos ter acceso a Internet e funciona con moitísima máis axilidade. Estamos a preparar esta nova fórmula e avisarémosvos como acceder a ela en breves días.

E nada máis polo de agora. Que o disfrutedes… algún día, algún día, todos os contos faranse así.

Ir arriba