10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos

10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos

10 de decembro de 2010 Unha experiencia con Xandre nos centros Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas. Vídeo sobre como se fixo

Ler máis

Xandre e unha resposta para Iago

A historia Fai tempo dabamos noticias dende a bitácora de TADEGa de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto. No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero

Ler máis

As primeiras experiencias

A nosa compañeira Cuca foi das primeiras en experimentar con Xandre. O seu fillo Alberto devecía por coñecer ao noso protagonista e o encontro foi espectacular. Graciñas Cuca por compartir con todos nós esta experiencia. No seu caderno dixital (pensandoenimaxes.blogspot.com) tedes información máis detallada. Primeiro vídeo: Pé de media (e descrición alternativa): Primeira parte (dun total de dúas) do vídeo caseiro de Alberto (un neno con autismo, fillo de Cuca),

Ler máis

Como se fixo Xandre

É que non podía faltar Como poderíamos presentar a Xandre sen explicar un pouquiño cales son os seus bimbios, os alicerces cos que estivo feito e mimado durante case un ano de construción? A cousa daría para falar moito, moitísimo. Pero fixemos unha pequena escolma de imaxes na que se pode intuír como foi a historia. Ademais as parteiras sempre teñen algunha bágoa que botar cando miramos estas cousas e

Ler máis

Xandre, o elefante sen sombra

E aquí temos o conto Xandre o elefante sen sombra. Non é nada definitivo xa que sempre lle imos atopar correccións e melloras. Pero aquí o tedes. Para acceder a el pódese facer de diversos xeitos. Vexámolos: Opción A Traballar co conto aquí mesmo. Non tedes máis que facer clic co rato sobre os botóns e comezar a traballar. [De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o

Ler máis