Pé de imaxe (e descrición alternativa): Debuxo de Xandre, o protagonista, o elefante sen sombra.”

Xuño de 2009 e ata as orellas de traballo. Xa pouco quedaba para o nacemento. Un soño de TADEGa que se ergue. O equipo sanitario apréstase a ter xa todo listo. É cousa de horas. Xandre está a piques de coñecernos a todas e todos.

Xa logo só quedaba por desexarlle á mai (Xistra) aquilo de: Que teñas unha hora breve!

No verán de 2009, derradeiros días de xullo, nacía Xandre. En agosto xa só restaban os trámites administrativos namentres que parteiras e parteiros tomaban un descanso gañado a pulso.

E sen pausa, porque en setembro hai que cambiar o uniforme de parteira polo de pediatra.