
Fontanería
(0 comentarios, 9 entradas)
Este usuario no ha compartido ninguna información de perfil
Entradas de Fontanería
As primeiras experiencias
0A nosa compañeira Cuca foi das primeiras en experimentar con Xandre. O seu fillo Alberto devecía por coñecer ao noso protagonista e o encontro foi espectacular. Graciñas Cuca por compartir con todos nós esta experiencia. No seu caderno dixital (pensandoenimaxes.blogspot.com) tedes información máis detallada.
Primeiro vídeo:
Pé de media (e descrición alternativa): Primeira parte (dun total de dúas) do vídeo caseiro de Alberto (un neno con autismo, fillo de Cuca), coñecendo a Xandre absorto e feliz.
Segundo vídeo:
Pé de media (e descrición alternativa): Segunda parte (dun total de dúas) do vídeo caseiro de Alberto (un neno con autismo, fillo de Cuca), coñecendo a Xandre absorto e feliz.
Os engadidos
0O conto de Xandre non ven só. Tedes montóns de complementos que vos poden axudar a desenvolver moitas actividades e experiencias na aula ou na casa, e aínda que aquí volos explicamos, cando queirades acceder a eles, tedes o enlace no menú superior deste caderno dixital na parte que pon recursos
. Aló imos:
Audio
Recursos en formato audio que poden axudar a traballar o conto de Xandre.
Podcast do conto en español – audiolibro
Pé de media (e descrición alternativa): Texto español en audio do conto: Xandre, o elefante sen sombra.
Enlace á descarga do audio en español (en formato MP3).
Podcast do conto en galego – audiolibro
Pé de media (e descrición alternativa): Texto galego en audio do conto: Xandre, o elefante sen sombra.
Enlace á descarga do audio en galego (en formato MP3).
Textos
Recursos en formato preparado para imprimir que poden axudar a traballar o conto de Xandre.
Colorear a Xandre
Temos aquí unha serie de debuxos pasados a un sistema de impresión en formato PDF para que se podan colorear.
- Actividade 1 de colorear (En formato PDF para imprimir).
- Actividade 2 de colorear (En formato PDF para imprimir).
Glosario de termos para ANEAE
No conto de Xandre inclúese un glosario de termos que aparece cando clicamos co rato sobre o símbolo da interrogación. Para quen precise este documento en papel, aquí volos deixamos en formato PDF para que o usedes a esgalla.
- O Glosario en galego.
- O Glosario en español.
Texto do conto de Xandre en Braille.
Texto en formato PDF escrito en Braille e castelán para o seu uso nas aulas (pódese imprimir con tinta normal para o traballo con alumnado sen deficiencias visuais ou con tinta en relevo como forno fúser, etc. para persoas cegas).
- O texto do conto en braille galego.
- O texto do conto en braille castelan.
Como se fixo Xandre
0É que non podía faltar
Como poderíamos presentar a Xandre sen explicar un pouquiño cales son os seus bimbios, os alicerces cos que estivo feito e mimado durante case un ano de construción?
A cousa daría para falar moito, moitísimo. Pero fixemos unha pequena escolma de imaxes na que se pode intuír como foi a historia. Ademais as parteiras sempre teñen algunha bágoa que botar cando miramos estas cousas e nos dan ánimos para proseguir o camiño.
E aquí tedes a reportaxe sobre como se fixo Xandre
Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo sobre como se fixo Xandre feito cunha presentación de fotos dos distintos momentos. Ao longo da metraxe pódense ler letreiros que suman o seguinte texto: Como se fixo Xandre o elefante sen sombra. Con… moita ilusión, moito agarimo, moito traballo, e… altas doses de pracer estético. Non sería posible sen a colaboración de… Andrés Caamaño, Frank Eijo, Paco Díaz, Rafa Sánchez Agustino, Valentín Torrado, Xavi Seco, Ana, Antón, Luis, Manuel, Mariña, Mauro, Rosa, (e o grupo de Contos). Graciñas, TADEGa.net
Xandre, o elefante sen sombra
7E aquí temos o conto Xandre o elefante sen sombra
. Non é nada definitivo xa que sempre lle imos atopar correccións e melloras. Pero aquí o tedes. Para acceder a el pódese facer de diversos xeitos. Vexámolos:
Opción A
Traballar co conto aquí mesmo. Non tedes máis que facer clic co rato sobre os botóns e comezar a traballar.
Pé de media (e descrición alternativa): O noso amigo Xandre feito un soño. Acceso ao conto multimedia e interactivo.
Opción B
Traballar co conto aquí mesmo pero a pantalla completa. Se no canto de velo así en pequeniño o preferides ter en pantalla completa, podedes facelo no seguinte enlace:
- O conto estándar: www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html
- O conto directo en versión pictos e audio, pero cos audios en acción nada máis entrar en cada páxina: www.contosdexandre.net/sen_sombra/conto2.html
- O conto directo en versión pictos e audio, pero cos audios en acción nada máis entrar en cada páxina: www.contosdexandre.net/sen_sombra/cuento2.html
Opción C
Traballar co conto engadíndoo aos vosos sitios web. Se queredes engadilo nos vosos blogs, webs, etc… iste é o codigo que tedes que pegar:
<iframe src="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html" title="Actividade multimedia interactiva e conto: Xandre, o elefante sen sombra" frameborder="0" height="400" width="600" scrolling="no">[De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o teu navegador non soporta marcos ou que neste momento está configurado para non visualizalos. Como alternativa, podes acceder ao contido no seguinte enlace: <a href="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html" title="Enlace ao conto principal de Xandre." xml:lang="gl" lang="gl">www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html</a>]</iframe>
Ben. Esa é unha opción pero non a única. E vos contamos isto porque hai un pequeno problema de accesibilidade con este código así implementado, xa que propón uns tamaños de letra fixos e non proporcionais e ademais abre unha ventana dentro doutra ventana (o que no argot técnico chámase frame
) que tamén ten os seus problemas de accesibilidade. No canto disto podedes usar estoutro bastante máis accesible:
<div><object type="application/x-shockwave-flash" data="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/lim.swf?libro=menu.lim" width="580" height="400"><param name="movie" value="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/lim.swf?libro=menu.lim" /><param name="FlashVars" value="playerMode=embedded" />[De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o teu navegador non soporta marcos ou que neste momento está configurado para non visualizalos. Como alternativa, podes acceder ao contido no seguinte enlace: <a href="http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html" title="Enlace ao conto principal de Xandre." xml:lang="gl" lang="gl">www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html</a>]</object></div>
E vos preguntaredes, ¿se estoutro código é mellor porqué non ir directamente e dar tanta volta? Pois porque, (e aínda estamos en fase de probas) parece ser que non todos os navegadores de Internet aceptarían esta implementación de código e habería que ir a outra nalgúns casos. Xa vos informaremos e simplificaremos o panorama.
Opción D
Ter o conto nunha pulseira USB As avantaxes son evidentes: non precisamos ter acceso a Internet e funciona con moitísima máis axilidade. Estamos a preparar esta nova fórmula e avisarémosvos como acceder a ela en breves días.
E nada máis polo de agora. Que o disfrutedes… algún día, algún día, todos os contos faranse así.