Sobre Xandre

Debuxo parcial do noso protagonista Xandre, o elefante sen sombra.

Xandre é un longo soño con longos traballos para chegar a facelo real. Nel se resumen moitos debates cun consenso: a diversidade funcional, a discapacidade, a atención á diversidade, non son cousas para anotar nun caderno e morrer nun caixón. Son persoas como ti e como eu que demandan con xustiza saír do mundo da invisibilidade e facerse cidadáns reais en pé de igualdade. Ese é o noso afán (o de TADEGa e o de todas e todos nós).

Grazas por escoitarnos.

  • María Blanco
    #1 escrito por María Blanco fai 8 anos

    Cando aínda Xandre está en cueiros… xa é todo un viaxeiro. Seica anda dándose a coñecer por terras catalanas, e están a chegar de Rellinars e de Prats, moi boas impresións.

    DENDE A ESCOLA DE PRATS, APUNTA MIQUEL:

    Bona nit,
    Hoy he presentado a nuestro amigo Xandre a los medianos de la clase, CI, i a medida que iba hablando de él i viendo las imágenes se han acercado los mayores i al terminar me han pedido, todos si podían “jugar” con Xandre. creo, si no lo interpreto mal, que Xandre les ha gustado i por ello os FELICITO … a por otro compañeros :-))).

    Un petonet

    …………………………………..
    Salut, Pau i Llibertat
    Miquel

    DENDE A ESCOLA DE RELLINARS, COMENTA XAVI:

    Buenas noches família!!!

    Hoy, aprovechando que me han regalado unos dias con los más pequeños de la escuela, y mirando donde había viajado su maestra, donde estaba Teo, lo mramos en el Google, en un mapa, …. vimos que tenian que hablar en gallego i como era eso???? asi que miramos el cuento y ….. que passada!!!

    Quedaron asombrados (lo oimos en gallego), de la història, especialment los mayores, que comprendieron mejor el problema del elefante. Con el aprendimos alguna palabras y salieron todos de la classe dando biquiños a sus padres y …. ami!!! que gozada.

    Por mi parte felicitaros por el gran trabajo hecho y la currada!!!! es un placer compartir camino con personas como vosotros.

    nos vemos.


    Xavi Geis
    Escola Pública de Rellinars

  • María Blanco
    #2 escrito por María Blanco fai 8 anos

    XANDRE TAMEN NO Facebook….:

    Aquí vos deixo unha entrada que atopei hoxe no Facebook:

    Cgendl Coordinadora Galega Endl TADEGa presenta “Xandre, o elefante sen sombra”, conto interactivo para nenos e nenas discapacitados de entre 3 a 8 anos. Elaborado en diferentes sistemas comunicativos e soportes.
    http://www.contosdexandre.net
    Fonte: http://www.contosdexandre.net

    hai cousa dunha hora · 1 comentario · Gústame · Compartir

    A Xano Cebreiro Xanocebreiro gústalle isto.

    Maria Blanco Corral: para nenos e nenas, para grandes e peques.
    Non imos poñer límites, porque sería unha mágoa restrinxir o paso a alguén.
    Moitas grazas por amosar a Xandre dende aquí.
    hai 6 minutos · Eliminar

  • María Blanco
    #3 escrito por María Blanco fai 8 anos

    O noso Xandre na ning de Ágora Rede ( http://agorarede.ning.com/ ):

    Os Contos de Xandre

    Unha feliz iniciativa de TADEGA, Xandre, o elefante sen sombra, conto interactivo elaborado en diferentes sistemas comunicativos e soportes. Parabéns!
    Postado por dplingua em 1 novembro 2009 às 22:00

  • CEIP Francisco Vales Villamarin
    #4 escrito por CEIP Francisco Vales Villamarin fai 7 anos

    Estamos impresionados…de verdade.
    As profes de infantil quedaron encantadas cos contos de Xandre, Mercedes a nosa mestra de apoio leva a pulseira de Xandre sempre posta a todas partes. Estamos empezando a traballar o conto, xa os iremos contando as impresións cos rapaces, mentras tanto unha aperta dende Betanzos.
    P.D: como facemos para conseguir mais pulseiras? outros centros da zona estanos a preguntar

    • Fontanería
      #5 escrito por Fontanería fai 7 anos

      Ola!

      Antes que nada darvos as grazas polo entusiasmo, énchenos de folgos para traballar nesta liña.

      En canto a ter máis pulseiras, non vos preocupedes, de aquí a poucos días poderedes mercar estas pulseiras dende esta páxina web.

      Juan.

  • Puedes usar las siguientes etiquetas HTML: <a> <abbr> <acronym> <b> <blockquote> <cite> <code> <del> <em> <i> <q> <s> <strike> <strong>

  • Feed de comentarios de esta entrada
Ir arriba