A pulseira

Finalmente xa están listas para a venda as pulseiras USB igualiñas cas do conto de Xandre pero co conto dentro dela para que a poidades usar en calquera ordenador teña ou non acceso a Internet.

En caso de mal funcionamento da pulseira, contactade coa asociación para a o seu arranxo ou o envío de pulseiras de substitución.

O prezo é de 10 euros a unidade (podéndose mercar de 1 a 10 unidades por sesión) máis 4 euros de gastos de envío.

A venda carece de afán lucrativo 100% xa que o importe recadado destínase aos custos de adquisición, portes, gravado, ensobrado e distribución.

Graciñas por ser e por estar.

  • O enlace para mercar as pulseiras aínda non está listo, desculpade as molestias.

3 Comentarios

  1. Precisamos mais pulseiras, non son só para nos senón tamén para compañeiros doutros centros que nola están pedindo ¿onde as podemos mercar?

    1. Ola!

      Non vos preocupedes, de aquí a poucos días poderedes mercar estas pulseiras dende esta páxina web. Neste momento estamos a traballar na “fontanería” necesaria e asegurarnos de que funcione o servizo correctamente. Rematadas as probas axiña activaremos o servizo.

      Graciñas
      Juan.

    2. Ola

      Non sen certo retraso, anunciámosvos a apertura da tenda virtual para mercar as pulseiras USB.

      Graciñas pola vosa paciencia.

      Juan.

Deixa una resposta a Juan Fdez. Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.